O alumnado de Ulla Umia II avanza nas obras do edificio administrativo

O alumnado de Ulla Umia II avanza nas obras do edificio administrativo
O alcalde visitou as obras do edificio administrativo | concello de valga

O alumnado do obradoiro de emprego Ulla-Umia II, que comparten os concellos de Valga e Moraña, ten avanzadas as obras de rehabilitación do edificio de usos administrativos. As dez alumnas da especialidade de albanelería realizaron o levantamento das tabiquerías de fábrica de ladrillo e o revestimento das mesmas a base de morteiro, separando o hall, aseos, pasillos e as dependencias que albergarán a radio municipal, quedando así o edificio cunha nova distribución.
Pola súa banda o alumnado de carpintería instalou o falso teito a base de madeira entablillada, levantaron as paredes de chapa de madeira, instalaron cornisas e rodapés e van colocar as portas e chan de tarima.
O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, a directora do obradoiro, María del Carmen Vidal e o arquitecto municipal visitaron as obras para comprobar o avance das mesmas.
O obradoiro de emprego deu comezo a mediados de outubro de 2017 e clausurarase o vindeiro día 16. Conta coa participación de dez desempregados de Valga e outros tantos de Moraña. Os vinte alumnos, quince mulleres e quince homes, estanse a formar nas especialidades de albanelería e carpintería e, durante os nove meses de duración do Obradoiro, están a percibir o salario mínimo interprofesional. l

O alumnado de Ulla Umia II avanza nas obras do edificio administrativo

Te puede interesar