“Ao longo da miña carreira nunca deixei de pintar ás mariscadoras de Vilaxoán”

“Ao longo da miña carreira nunca deixei de pintar ás mariscadoras de Vilaxoán”
Diario de Arousa-2016-10-26-004-fcdbdbac

Falar de Juan Carlos Platis é falar dun artista en continua evolución. A súa pasión, reconvertida en oficio, vai dende a pintura ao debuxo nas súas distintas vertentes e non hai persoa en Vilagarcía que non gozase algunha vez das súas creaciónes. Dende o venres 28 ás oito da tarde parte da súa obra pictórica estará exposta no centro sociocultural de Vilaxoán, terra que o veu nacer.

En qué consiste esta exposición que se vai poder ver en Vilaxoán? 
A exposición ten dúas partes que permitirá aos que a visiten comprobar parte da miña evolución. Son 15 obras todas no mesmo formato de 60x120. Para min é moi especial expoñer en Vilaxoán porque é a miña terra.

Parte da temática que trata na mostra ten que ver coas mariscadoras... 
Si, a metade versa sobre as mariscadoras. Foi unha temática que eu nunca abandonei porque miña nai era mariscadora e tráeme moitísimos recordos ese mundo. De feito eu tamén marisquei moitas veces na época na que se ía mariscar para comer. Cando vou a Vilaxoán sempre vou por baixo e paro a mirar ás mulleres mariscando. Moitas das obras que se expoñen son froito dunha primeira etapa, duns bocexos que fixera hai moito tempo, pero outros son bastante recentes.

A outra parte da exposición é máis do Platis actual...
A ver, si. A outra parte é moito máis abstracta, pero tamén é unha forma perfecta para ver como evolucionou a miña pintura, como acabo chegando á abstracción que ao mellor é a parte que máis se conoce.

A outra parte da exposición é máis do Platis actual...
A ver, os primeiros bocetos son de hai tempo. Era moi habitual que eu me sentase a ver as mulleres mariscando e que me inspirase niso. Realmente, a pesar da miña evolución hacia o máis abstracto, o certo é que nunca deixei de inspirarme nas mariscadoras de Vilaxoán. A min faime ilusión agora que no meu pobo poidan ver a miña obra e entendela un pouco mellor, daí que tamén haxa unha parte máis abstracta máis próxima ao que fago hoxe en día.

Vamos, que é unha exposición que ten claro cuño vilaxoanés...
Por suposto. Eu son dalí e iso plásmase en todo o traballo que fago. Para min sempre foi unha fonte de inspiración a miña terra. A evolución tamén tivo moi presente a Vilaxoán.

A mostra de Juan Carlos Platis pode verse dende este venres ás oito da tarde no centro social do Preguntoiro, nunha iniciativa da Asociación de Veciños. n

“Ao longo da miña carreira nunca deixei de pintar ás mariscadoras de Vilaxoán”

Te puede interesar