Arousa, loita pola igualdade con nome de muller

Arousa, loita pola igualdade con nome de muller
á porta do consistorio de vilagarcía leuse un manifesto aprobado polo consello local da muller e tamén polo pleno da corporación. no instituto cotarelo valledor a xornada tivo nome propio, o das traballadoras da factoría

En Arousa a loita polo traballo e pola igualdade ten nome de muller. A crise económica evidenciou o que agora fan as estatísticas oficiais, que o paro é moito máis virulento no sector feminino que no masculino e que son moitas, moitísimas, as mulleres que perderon o emprego e que teñen serias dificultades para volver atopalo. A comarca de Arousa e, concretamente, Vilagarcía quixo ofrecer onte unha sentida homenaxe a todas esas mulleres anónimas que son loitadoras e traballadoras fóra e dentro da casa e que, pese á sombra do chamado “teito de cristal”, continúan sendo exemplo de forza e de superación. Despois de ser aprobado polo Consello Local da Muller a lectura dun manifesto reivindicativo foi o formato elixido polo goberno local para conmemorar o Día Internacional.

No Cotarelo Valledor, en Sobradelo, quixeron poñer cara ás mulleres e por iso invitaron ás traballadoras de Cuca reivindicando o seu papel na loita polos seus postos na fábrica vilaxoanesa. Hoxe son elas o nome e apelidos da loita e antes o foron, entre outras, as operarias de Alfageme. Este centro educativo non foi o único da capital arousá que onte fixo conmemoracións. Tamén en Rubiáns se centraron en deixar claro aos alumnos qué significa o 8 de marzo.

 

Arousa, loita pola igualdade con nome de muller

Te puede interesar