A Asociación de Veciños de Vilaxoán convocará de novo eleccións e Mariño non repetirá

A Asociación de Veciños de Vilaxoán convocará de novo eleccións e Mariño non repetirá
Xoán Mariño non optará a estar na nova directiva a elixir |

Os membros da Asociación de Veciños de Vilaxoán serán chamados en breve ás urnas para elixir unha nova directiva. Ano e medio despois de que o actual presidente, Xoán Mariño, fose elixido os socios están chamados a participar o próximo domingo nunha asamblea na que se decidirá establecer unha Xunta Xestora e convocar eleccións. A esas non se presentará de novo Xoán Mariño que alude que as ocupacións profesionais non lle deixan tempo suficiente para adicarse tan ben como lle gustaría aos traballos do colectivo veciñal.

Así pois os cambios chegan pouco despois de tomar posesión Mariño nunhas votacións celebradas en xullo de 2017 e nas que xa se falaba da necesidade de “actualizar” o colectivo e, sobre todo, o censo de asociados que aínda que ascendía a arredor de 1000 persoas nel figuraban algunhas que xa estaban falecidas.

Xoán Mariño incidía onte en que hai varias persoas que reclaman que a asociación sexa un órgano máis activo e participativo e que por iso se adoptarán as medidas de disolver a directiva actual, convocar unha Xestora e logo proceder ás votacións da nova directiva.


No ano 2017 o equipo encabezado por Xoán Mariño foi o único que se presentou ás eleccións da Asociación. Agora queda por ver se hai veciños de Vilaxoán dispostos a configurar unha lista para compoñer un equipo directivo que colla as rendas dun colectivo con moita historia ás súas costas.

A actividade do colectivo foi moi intensa durante décadas acadando importantes melloras no eido social e cultural. Nos últimos tempos está adormecida.

A Asociación de Veciños de Vilaxoán convocará de novo eleccións e Mariño non repetirá

Te puede interesar