Os Ballotes e o Castro Alobre serán os escenarios nos que se centrará o Lectoriño

Os Ballotes e o Castro Alobre serán os escenarios nos 
que se centrará o Lectoriño
A edil Sonia Outón presentou o “Lectoriño” | josé luiz oubiña

A Mostra de Literatura Infantile Xuvenil “Lectoriño” chega a unha nova edición coa historia como protagonista. Tendo en conta que 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, a Concellería de Cultura orienta este evento ao pasado local, con Os Ballotes e o Castro Alobre como protagonistas.

A edil de Cultura, a socialista Sonia Outón, presentou onte a mostra, que se levará a cabo entre o 21 e o 23 de abril. O obxectivo da mostra é o de promover o gusto e afición dos nenos pola lectura e a literatura, á vez que se da a coñecer a historia e o patrimonio local. Neste último apartado xoga un papel importante o escritor Marcos Calveiro, que acapara éxitos coa súa novela inspirada na vila “O xardineiro dos ingleses”.
O autor convertirase en guía nun roteiro polos expazos da novela co que o Concello quere implicar máis no “Lectoriño” ao público xuvenil. De feito, participarán alumnos dos catro institutos do municipio.
Polo momento xa hai sete editoriais confirmadas para a exposición de novidades, que mostrarase no Auditorio Municipal e é unha das actividades da XVII edición do “Lectoriño”.

Programa
O “Lectoriño” abrirá as súas portas ás 11:30. Media hora despois terá lugar o espectáculo de contacontos “Debulando Lendas”, de Títeres Tarabelos co que se pon en valor as lendas galegas. Pola tarde, ás seis, terá lugar a proxecci´´on do filme “Os Crodos”, sobre unha familia prehistórica. O domingo continuará o programa co obradoiro “O meu laberinto”, do CSIC, no que se descubirá a importancia da simboloxía rupestre. O CSIC tamén organiza dous pases pola tarde, ás seis e ás sete, dun contacontos sobre la prehistoria empregando a técnica xaponesa Kamishiabi. O luns 23 pecharase o Lectoriño co roteiro guiado por Calveiro, que terá lugar a partir das doce do mediodía.

Os Ballotes e o Castro Alobre serán os escenarios nos que se centrará o Lectoriño

Te puede interesar