Baño de masas internacional en As Revenidas

Baño de masas internacional en As Revenidas

Nin a choiva, presente por momentos ao longo das últimas dúas xornadas, nin a amenaza de temporal deixaron pegada en Vilaxoán. As Revenidas clausurou onte a súa edición máis internacional na que o galego, o da terra, seguiu gañando por goleada. Se o sábado eran os incombustibles “Heredeiros da Crus” os que facían tremer aos seus fans coas súas cancións de sempre onte as rastras puxéronse de moda na explanada portuaria vilaxoanesa. SOJA, o grupo de reggae estadounidense por autonomasia, fixo unha única parada en Galicia despois de tocar ante milleiros de persoas en Benicassim. Era o concerto máis esperado e que cumpriu as expectativas do público incluso nas probas de sons a celebrar pola tarde.
Foi precisamente por SOJA polo que Revenidas se prolongou ata o domingo, despois dunha xornada de sábado que deixou un bo sabor de boca non só cos “Heredeiros” (sen dúbida o concerto máis multitudinario), senón tamén con grupos como Spin Te Kú, puro ska para combater o frío ou Terbutalina, imprescindibles xa no punk con cuño exclusivamente galego.
A choiva non freou ás Revenidas, que só viron modificada a súa axenda de actividades pola mañá. A sesión vermú pasouse para a tarde e os Blues do Pais ou os Swindigentes non deixaron indiferente a ninguén. A organización cifraba onte en 12.000 as persoas que se pasaron polas diferentes actividades programadas en Vilaxoán durante os tres últimos días. Unha cifra que converte en ineludible este festival de bandeira azul e branca.

Baño de masas internacional en As Revenidas

Te puede interesar