Bará enarbora a Castelao para reivindicar ao BNG como “única forza que pode salvar a Galiza”

Bará enarbora a Castelao para reivindicar ao BNG como “única forza que pode salvar a Galiza”
Diario de Arousa-2016-05-17-004-ba151221_1

Luis Bará izou en Vilagarcía a bandeira de Castelao para reivindicar ao BNG como a “única forza” que poder dar voz aos galegos no Parlamento español. Fíxoo nun acto no parque da Xunqueira no que estivo rodeado de rostros coñecidos do nacionalismo saliniense, como a deputada Montse Prado, os voceiros de Vilagarcía e Cambados, Xabier Ríos e Víctor Caamaño, ou o responsable comarcal, Manuel Domínguez.
“Dicía Castelao, que para nós é un referente e tamén foi parlamentario en Mardid que quen pode salvar a Galiza é Galiza mesma”, apuntou Bará, que destacou o labor realizado no seu momento por Guillerme Vázquez ou Olaia Fernández Davila.
O edil pontevedrés, que deixará o seu cargo no Concello en caso de sacar escano, lamentou que “nestes últimos meses, nesta lexislatura errada e fracasada, moita xente botou en falta unha voz propia de Galiza, unha voz forte, firme e contundente como a que representou o BNG nestes anos pasados”.
O nacionalista contextualizou estas novas eleccións “nun momento de emerxencia onde é preciso dar o paso de asumir compromisos e actuar con xenerosidade” e recordou que “hai moitos sectores e xente deste país que esta pasándoo mal”.
O BNG sitúase “ao lado de toda esa xente”, apuntou Bará, que tras o acto na Xunqueira deu un paseo por Vilagarcía e mantivo un encontro con Rocío Louzán, presidenta de Zona Aberta, para coñecer as preocupacións do pequeno comercio.

Bará enarbora a Castelao para reivindicar ao BNG como “única forza que pode salvar a Galiza”

Te puede interesar