Biribirlocke gaña o Concurso dos Grupos Emerxentes das Revenidas

Biribirlocke gaña o Concurso dos Grupos Emerxentes das Revenidas
Diario de Arousa-2014-08-18-008-e547c75d

Biribirlocke un grupo de recente creación de Ames foi o gañador do II Concurso dos Grupos Emerxentes das Revenidas. Ademais do premio en metálico a banda gañadora actuará un día no Festival compartindo cartel con grupos consolidados da escena musical galega.
En total 27 actuacións e máis de 14 actividades de balde durante o festival que terá lugar o vindeiro fin de semana en Vilaxoán. Entre os grupos asistentes durante os tres días estan: Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Ulträqäns, DZ Selectors, Dj Crebinsky, Xurxo Souto, Pinto Herbón, Sés, Terbutalina, Dakidarría, Nao, Noite Fechada, Liviao do Marrao, Brigada A.M Soundsystem, La Familia Caamagno, Leo e Arremecaghona, Tandub, Borderline 79, Alpargata, Os Terribles de Arousa,
Fanfarria Taquicardia, Bombo Tambor, Don Gelati Clow, Isabel Risco, Isla Letrisca Circo e Malabares, Alas Circo Teatro Aéreos, Peter Punk Circo, Alas Teatro Aéreos, Rodri Suárez coa presentación do libro “Non temos medo” ou a Feira Revenida.
Xa están a venda as entradas anticipadas. Os bonos en venta anticipada para os dous días de pago, venres e sábado, custan 18 euros. Podense adquirir por internet a través da web www.revenidas.com ou nos puntos de venda espallados por toda Galicia. O festival mantén a súa liña de concursos e premios para os seus fans nas redes sociais, facebook, instagram e twitter.
Por outra banda, a organización ya ten listas as camisolas, sudadeiras e gorras da edición XI do Festival Revenidas. Varias medidas para homes, mulleres e nenos. Deseñadas por Caramuxo. Estarán á venda no posto da Feira Revenida. n

Biribirlocke gaña o Concurso dos Grupos Emerxentes das Revenidas

Te puede interesar