• Miércoles, 20 de Junio de 2018

Blast Wave estará no Ameixa Rock 2018 despois de gañar o certame de Bandas Emerxentes

O grupo procedente de Irún, Blast Wave, será un dos nomes que conformen o cartel do Ameixa Rock 2018 despois de gañar a segunda edición do Concurso para Bandas

Blast Wave estará no Ameixa Rock 2018 despois de gañar o certame de Bandas Emerxentes
Unha actuación anterior do Ameixa Rock en edicións pasadas|
Unha actuación anterior do Ameixa Rock en edicións pasadas|

O grupo procedente de Irún, Blast Wave, será un dos nomes que conformen o cartel do Ameixa Rock 2018 despois de gañar a segunda edición do Concurso para Bandas Emerxentes. Esta banda será a encargada de abrir o festival, que se levará a cabo os días 30 de agosto e 1 de setembro, acompañando a outras xa confirmadas como Deseqilibrio Mental, Miguel Costas e Festicultores.
     Blast Wave xorde no ano 2013 en Irún despois da inquedanza de Jon, o vocalista, para dar comezo a un proxecto de heavy metal. Tras varios cambios nas súas filas o grupo atopou a día de hoxe unha liña sólida e estable, grazas á cal teñen desenvolvido un son contundente inspirado no heavy máis clásico.
     Así pois a música que destila o Blast Wave é a dun heavy con moita carga melancólica e rozando os aspectos técnicos deste estilo. As influencias das bandas de heavy coas que medraron os mozos de Blast Wave están presentes no seu estilo. Aínda así ben é certo que as súas composicións manteñen a orixinalidade sen caer na copia ou nas imitacións.
      Blast Wave leva xa varios festivales ás costas e nalgúns deles teñen compartido escenario con grupos de nivel como Baron Rojo, Saratoga e un longo etcétera.
     O Ameixa Rock nace hai xa uns anos coa idea de configurarse como un festival de referencia en Carril e tamén coa mentalidade de darlle cabida nos escenarios a grupos que están comezando e que entran nesa categoría de “emerxentes”. l