“O blues é a música tradicional máis universal que gusta tanto a vellos como a nenos”

“O blues é a música tradicional máis universal que gusta tanto a vellos como a nenos”
Marcos Coll é un virtuoso da harmónica facebook

Vive en Berlín dende hai anos, aínda que está vencellado dende sempre a Galicia. Imaxe promocional da marca de harmónicas “Hohner” é unha das máximas figuras deste instrumento a nivel mundial. De feito Marcos Coll pisou escenarios de todo o mundo pisando varios continentes. Esta fin de semana estará no “Vilablues” de Vilagarcía, un festival do que é asesor e colaborador.

Despois duns anos o Festival de Blues recupérase en Vilagarcía. Como valoras o cartel que se ofrece ao final?
O organizador, Gúmer Meijón, pediume que o axudara coa programación e o cartel fixémolo pensando na variedade. É un festival para todos os públicos, gratuíto. É por iso que non só haberá entendidos ou afeccionados, senón tamén xente que non coñece moito o blues. Por iso é importante que haxa diferentes estilos, aparte de armonicistas. Temos grandes guitarristas tanto en acústico como en eléctrico, cantantes femininas,blues en castelán, orquesta con saxo e un longo etcétera. Todos eles cunha gran bagaxe nesta escena. Cremos que iso é moi importante nun festival de blues.

Existe a percepción pública de que o “blues” é unha música só para os “escollidos”, que opinas ao respecto?
O blues é unha música tradicional, como as muiñeiras,o flamenco ou a salsa, por exemplo. O que pasa é que dentro das músicas populares é probablemente a máis universal. Podes encontrar un bar de blues dende Galicia ata Indonesia... Aparte diso é una música na que o baile xoga un papel moi importante aínda que en Europa iso se perdera moito. Nos clubes de blues americanos,a maioría da xente está bailando.Por iso tambien imos facer unos talleres de baile blues con Leanna Peled que é una recoñecida profesora. Aparte diso o blues é unha música que gusta tanto aos vellos como aos nenos. Estamos seguros que iso se vai notar no festival.

Agora vives en Berlín. Cres que este estilo de música se percibe de forma diferente noutros países? Teñen que educarnos un pouco máis e mellor en España ao respecto deste tipo de cuestións?
Aparte dos Estados Unidos, que é de donde é orixinario e alí si que se vive diferente, en cada país é distinto. En Alemania por exemplo está máis arraigada esta música pola influencia americana dende os sesenta, pero tamén aquí hai moitos clubes, festivais, programas de radio... Hoxe en día con internet o que non se educa musicalmente é porque non quere.

Vilagarcía aspira a que o seu “Vilablues” sexa referente como o é o de Hondarribia... Que potencialidades se deben explotar para iso?
Pois sobre todo que haxa moi bo rollo e que todo o mundo se sinta benvido, especialmente a xente que non sabe nin siquera o que é o blues. Por sorte todos os escenarios van a estar cerca e tamén aqueles nos que se fan as actividades, polo que de seguro se vai respirar blues en cada recuncho de Vilagarcía.

O cartel do “Vilablues” suma tamén master class e incluso proxeccións cinematográficas... Busca ser un festival para todos os públicos?
Como dicía antes, iso é o que se busca principalmente, por iso se fan as actividades, para que a xente que descubra esta música, poida de forma gratuíta e sinxela profundizar máis nela.

Aqueles que non coñecen absolutamente nada do “blues”... que lles dirías para que se acheguen esta fin de semana a Vilagarcía?
Pois que o van a “pasar de cine” e que estamos seguros de que repetirán o ano que vén.

A programación do festival está en www.vilablues.com

“O blues é a música tradicional máis universal que gusta tanto a vellos como a nenos”

Te puede interesar