O BNG apela “ao voto indeciso” para ser a “chave” que deixe sen maioría ao PP

O BNG apela “ao voto indeciso” para ser a “chave” que deixe sen maioría ao PP
O BNG celebrou onte pola tarde o seu mitin central nas dependencias do Salón García gonzalo salgado

A non presenza de Ana Pontón no mitin central do BNG en Vilagarcía mermou a asistencia nun Salón García que podería terse enchido máis coa presenza da candidata á Xunta de Galicia. Aínda así, o Bloque celebrou un acto íntimo, cos da casa, “cos que sempre estades aí incluso nos malos momentos” e coa mirada posta en ser chave nos comicios autonómicos do domingo. Foi un mitin cun acento moi arousán donde tanto a concelleira, Lucía César Veloso, como a deputada e candidata, Montse Prado, debullaron “todas aquelas promesas incumpridas do goberno de Feijóo coa comarca do Salnés”. A ampliación do Hospital, os centros de saúde comprometidos e aínda non executados, os contratos homologados da Mesa do Viño ou as políticas marítimas e pesqueiras foron algunhas das cuestións que o Bloque quixo destacar para sinalar que “hai outra forma de facer política”.
O Bloque apelou ao corazón dos “nacionalistas de raza” para “lograr unha mobilización de voto” para os comicios do vindeiro domingo 25. “Necesitamos da forza dos votos para cambiar as cousas alí donde se deciden”, incidía Montse Prado. Foi o número 1 por Pontevedra, Luís Bara, o que deu as gracias “aos que nos estades dando enerxía e forza vital nesta campaña” e o que recitou a Cabanillas para declararse unha vez más “nacionalista e a moita honra”.
Quixo o pontevedrés apelar a que “os do Bloque somos daquí e estamos aquí”, fronte “aos que veñen de Madrid só cando hai eleccións”. “Donde estaba Feijóo cando ardeu Castroagudín?”, preguntouse Bará. As súas palabras referíronse tamén ás “prevendas e enchufes de Louzán” na Deputación e asegurou que “non temos medo e coas amenazas non nos van facer parar”.
Consciente do que indican as enquisas animou a “votar”, porque “se conseguimos dous en Pontevedra o PP perde a maioría absoluta”.

O BNG apela “ao voto indeciso” para ser a “chave” que deixe sen maioría ao PP

Te puede interesar