O BNG denuncia que o goberno local paga os seus cafés con fondos públicos

O BNG de Vilagarcía denuncia que os membros do goberno local que participan nas Xuntas de Goberno aproban o pago dunhas facturas en concepto de “Subministro de cafés”. Os nacionalistas pregúntanse “onde queda a austeridade coa que continuamente machaca o PP cando o goberno do señor Fole vén de aprobar o pago destas facturas”. O Bloque incide en que “nos parece impresentable o feito de que ao PP se lle encha a boca falando de austeridade e esixindo sacrificios á cidadanía á vez que se aplican constantemente recortes que supoñen o detrimento das condicións de vida da mesema”.
O BNG incide en que “non chega con que o PP encha o peto dos seus concelleiros á costa das xuntas de goberno local, excluíndo delas a concelleiras liberadas coma Rocío Llovo, o cal non suporía un custe a maiores para a cidadanía ao estar esta liberada, senón que agora tamén hai que pagarlles os cafés que se toman nas mesmas”.
Os nacionalistas entenden que “queda clara a mala xestión dos recursos públicos por parte do señor Fole e do PP de Vilagarcía e por iso esixiremos a resposta a esta cuestión presentando unha pregunta ao respecto no Rexistro municipal”. n

O BNG denuncia que o goberno local paga os seus cafés con fondos públicos

Te puede interesar