O BNG denuncia que a Lei de Portos anula o poder de decisión dos concellos

O BNG denuncia que a Lei de Portos anula o poder de decisión dos concellos
18 abril 2012. Vilagarcía. Barcos amarrados por el temporal en el puerto de Vilaxoán.

Os responsables do BNG da comarca do Salnés compareceron onte para denunciar o contido da Lei de Portos de Galicia, que está a piques de ser aprobada no Parlamento. Unha lei que, a xuízo dos nacionalistas, “anula por completo” a capacidade de decisión dos concellos á hora de realizar obras nas zonas calificadas como portuarias. A deputada nacionalista, Montse Prado, sinalou que “dado que se concibe como unha lei supramunicipal os concellos só terán que ser informados, pero non terán poder de decisión sobre construccións ou posta en marcha de infraestruturas en terreos portuarios”.

Foi o tenente alcalde de Cambados, Víctor Caamaño, o que fixo fincapé en exemplos engadindo que “iso afectará, por exemplo, ao desenvolvemento da Praza de Abastos cambadesa” e lamentou que “sexa unha lexislación que teña un claro afán recaudatorio, porque non é de recibo que se lle cobre a un concello por actividades sen ánimo de lucro como pode ser unha árbore de Navidad”. De feito recoñeceu que “en Cambados hai actividades relacionadas coa Festa do Albariño que trasladamos de sitio para non vernos afectados de feito pola lexislación de Portos, pero non todos os concellos teñen esas opcións”.

Reserva para a pesca

Montse Prado incidiu ademáis en que a lexislación contempla apartados específicos para a actividade “náutica e recreativa”, pero non para a actividade “pesqueira”, “o que resulta preocupante nunha zona como é Arousa cunha gran actividade neste senso, sendo un dos principais sectores económicos”. O Bloque pide a retirada inmediata da Lei de Portos e, se non se dá o caso, que se admitan as enmendas que presentou onte mesmo no Rexistro do Parlamento. Entre elas está a que o goberno galego reclame as competencias dos portos de Interese Estatal que hai no territorio da comunidade autónoma, como pode ser o de Vilagarcía.

     Os nacionalistas incidían onte en que “faremos todo o posible para parar esta lei porque é tremendamente lesiva”.

O BNG denuncia que a Lei de Portos anula o poder de decisión dos concellos

Te puede interesar