O BNG denuncia a “mordaza” do goberno de Fole nas sesións plenarias

O BNG denuncia a “mordaza” do goberno de Fole nas sesións plenarias
Copia de Diario de Arousa-2014-01-23-004-bb029ec1

O Bloque Nacionalista Galego denuncia unha vez máis a “mordaza” do executivo de Tomás Fole á súa labor de oposición. Un reproche que fan público a raíz dun cambio na política do grupo de goberno en relación á información sobre as mocións que se inclúen nas ordes do día das sesións plenarias.
Rocío Llovo foi a encargada de transmitirlle este cambio na última sesión de voceiros. A conservadora explicoulles que a partir de agora nas reunións so se informará sobre as mocións que leve a Pleno o grupo de goberno, mentras que as da oposición quedará a expensas do que decida o rexedor, Tomás Fole.
Unha medida que, din os nacionalistas, deixa aos grupos que non forman parte do executivo coa única opción de recurrir á urxencia para defender as súas iniciativas plenarias.
A razón deste cambio, según explicou Llovo na xuntanza, foi o enfado do goberno porque no último Pleno os nacionalistas acusárona de no entregar a orde do día. Un malestar que leva ao executivo de Tomás Fole a por en marcha unha medida que para o BNG deixa sen sentido os encontros de voceiros. “Non sei para que se vai se non informan, non podes preparar temas”, lamenta María Villaronga.

sen diálogo
A voceira nacionalista compareceu acompañada por Helena Mariño, para amosar o seu descontento coa “falta de diálogo absoluta” do rexedor, Tomás Fole, “que non asiste ás xuntas de voceiros, aínda que nos Plenos só fala el, e non colle o teléfono cando o chamas”, dixo Villaronga.
Para os nacionalistas esta actuación súmase a outras do grupo de goberno como “cando nos botou do Consello de Administración da Autoridade Portuaria”, en palabras da voceira do BNG que considera que esta “mordaza” débese a que “están molestos polas nosas iniciativas. Moléstanlle as campañas que fixemos polo IBI e o recibo da luz, ou as denuncias por Megasa e o Balneario”.
En calquera caso, a nacionalista comprométese a que o seu partido continuará defendendo a labor “para a que nos botaron os vilagarciáns” e recordou respecto ao Balneario da Compostela que “hai un ano que temos prometido unha xunta de voceiros. Ao igual que a reunión que íamos ter cos técnicos para ver que acontecía coa Protectora. Sempre dan a calada por resposta”. Son tres as mocións que leva o BNG ao próximo Pleno, e polo de agora “so temos claro que vai ir a da garantir o suministro eléctrico a persoas sen recursos, porque xa a excluíron da anterior sesión”, dixo Villaronga.  A nacionalista asegura que “non imos consentir estas prácticas que coartan a liberdade democrática” e acusou ao goberno conservador de seguir a deriva doutros executivos da mesma cor como “o de Vilanova e o de Meis, que non aceptan mocíóns.

O BNG denuncia a “mordaza” do goberno de Fole nas sesións plenarias

Te puede interesar