“O bonito do proxecto de Siyahamba é que pais e fillos participan en conxunto na idea”

“O bonito do proxecto de Siyahamba é que pais e fillos participan en conxunto na idea”
Diario de Arousa-2016-11-18-004-732f4b65

Conforman unha iniciativa que é capaz de fusionar os intereses dos pais e dos fillos e de mesturar á perfección o lado máis lúdico da música coa parte más educativa. A Asociación de Nais e Pais de Alumnos das ensinanzas musicais que se imparten en Vilagarcía conforman “Atril”. A ANPA creou no seu día Siyahamba, o coro co que hoxe mesmo interpretarán o espectáculo “Kitete, o fillo de Sindo” a partir das nove e media da noite no Salón García. O presidente de “Atril”, Juan Martínez Arines, fala de como se configura o espectáculo e de qué se van atopar os que vaian a velo.

Cómo xurdiu a idea de facer o espectáculo de “Kitete, o fillo de Sindo”?
Este espectáculo é creación nosa, do grupo Siyahamba e do seu director, Enrique Martínez Rivero. Elixímolo porque o noso repertorio inicial era a música étnica e africaan. Ademáis, como nas nosas escenificacións sempre facemos algún movemento, pois pensamos que esta era unha obra boa. “Kitete, o fillo de Sindo” é un conto creado por nós, é unha historia de cultura africana, que percorre diferentes países e que está narrado en galego.

Ademais dun compoñente lúdico, este espectáculo ten tamén entonces un tono educativo e cultural...
Si. O que busca é máis que nada amosar a cultura cotiá dos países en África. De feito a historia ten un pouco de lenda e tamén de cultura. O que buscabamos era amosar o xeito de cantar que teñen eles que, no seu día a día, conviven e mesturan moito a música. Eu penso que ao final conseguimos facer unha boa fusión das dúas culturas, da africana e tamén da galega. Hai que recordar que o conto está narrado en galego e que a creación parte daquí.

Canto tempo leva crear un espectáculo destas características?
Pois, entre unhas cousas e outras, aproximadamente leva un curso lectivo. Primeiro creouse a idea e logo foise matizando nos ensaios e demais. Vanse coidando os detalles e, se é necesario, tamén se lle fan cambios sobre a marcha. Este espectáculo xa se presentou o ano pasado, o que pasa é que nos pillou nun momento de cambios de goberno e demais e estivo un pouco parado. A nosa idea é seguilo movendo de agora en diante.

Hai outros destinos na axenda xa?
Si, de feito o vindeiro día 2 de decembro estaremos na Illa.

Cantas voces conforman nestes momentos o coro Siyahamba? Son máis ou menos as de sempre?
Si, somos máis ou menos as mesmas, sobre trinta. Seguimos mantendo o mesmo número de nenos e de adultos. O bonito deste proxecto é que participan pais e fillos en conxunto. Deste xeito tanto adultos como nenos se senten emocionados porqeu fan algo xuntos que vai moito máis aló da rutina habitual. Os nenos atópanse moi ben porque ven que os pais participan na educación. Digamos que é o mesmo que se estivesen nos colexios, neste caso nunha actividade que se desenvolve a raíz dos centros de ensinanza musical. n

“O bonito do proxecto de Siyahamba é que pais e fillos participan en conxunto na idea”

Te puede interesar