Cae a sucursal galega dunha rede que enviaba coca oculta en coches a Palma

Cae a sucursal galega dunha rede que enviaba coca oculta en coches a Palma
Diario de Arousa-2018-05-17-003-6a38c68a

A operación antidroga desenvolvida polo Greco da Policía Nacional dende o pasado luns en Vilagarcía deuse por rematada onte coa desarticulación da “sucursal” galega dunha organización criminal operativa a nivel internacional e que enviaba importantes cantidades de cocaína dende Andalucía e ata a capital arousana onde era introducida en “sofisticados” compartimentos habilitados en coches que logo se enviaban por vía marítima á illa de Palma de Mallorca. 

Silencio ante o xuíz
En total, os axentes incautáronse de algo máis de 14 quilos de cocaína e detiveron a 11 personas. A rama arousana pasou onte a disposición xudicial en Vilagarcía e o xuíz, atendendo á petición da Fiscalía, enviou a prisión provisional, comunicada e sen fianza aos dous irmáns do coñecido clan dos Salamanca, José Carlos e Michael Tiago Gorjón, mentres que o seu xenro, Iván L.S., e unha muller de nacionalidade brasileña quedaron en libertad en calidade de investigados nesta causa policial aberta por delitos contra a saúde pública e pertenencia a organización criminal, informaron fontes xudiciais.
Fontes próximas ao caso explicaron que os tres homes acolléronse ao seu dereito a non declarar. O seu paso polo xulgado número 2 da cidade (en funcións de garda) prolongouse durante toda a mañá e primeira hora da tarde e alí reuniuse un bo número de familiares dos detidos nesta segunda fase da operación antidroga, bautizada como “Yunque”. 
A investigación tivo os seus inicios na illa balear e, de feito, os cinco rexistros practicados o pasado luns en Vilagarcía foron ordenados polo xulgado de instrucción número 9 de Palma. En concreto, o 11 de abril a Policía interceptou dous vehículos “minuciosamente preparados” que ocultaban no seu interior sete paquetes con algo máis de sete quilos de cocaína tras entrar en Palma por vía marítima. Simultaneamente, e en coordinación cos axentes de Galicia, interceptouse outro coche en Pontevedra con máis de sete quilos da mesma sustancia oculta no seu interior e procedeuse á detención do seu conductor. 

A maioría, con antecedentes
Tamén se fixeron rexistros en domicilios das localidades de Salines, Manacor e Llucmajor onde se incautaron de dez turismos, algúns deles con compartimentos ocultos e outros en fase de preparación, ademáis de 100.000 euros. Alí arrestáronse a seis persoas; todas de orixe galega, menos un brasileño e, segundo a Policía, “a maioría” con antecedentes por tráfico de drogas. 
Na segunda fase, a desenrolada en Vilagarcía e na que se revisaron, entre outras, vivendas ubicas en Avenida do Doctor Tourón e Rúa Xunqueira, tamén se atoparon sustancias estupefacientes. En concreto, 600 gramos de cocaína e 300 de haxix, pero no total de “Yunque”, retiráronse do mercado máis de 14 quilos da primeira e comisáronse 11 vehículos e máis 126.000 euros (algo máis de 20.000 estaban agochados nos domicilios vilagarciáns). 
Coa detención destas 11 persoas, o Greco dá por desarticulada a “sucursal” galega afincada en Mallorca dunha organización internacional de tráfico de cocaína.

Cae a sucursal galega dunha rede que enviaba coca oculta en coches a Palma

Te puede interesar