O cambadés Manuel Domínguez, novo responsable comarcal do BNG

O cambadés Manuel Domínguez, novo responsable comarcal do BNG
Diario de Arousa-2016-03-31-007-c922fdf3

O cambadés Manuel Domínguez é agora o novo responsable comarcal do BNG no Salnés. Biólogo e educador ambiental de profesión sustitúe ao catoirense Xoán Castaño no cargo, dado que este pasa a ser vice-responsable comarcal. O Bloque segue así o proceso de renovación iniciado coa celebración da décimo quinta Asemblea Nacional e este concluirá coa elección dos responsables locais nos diferentes municipios nas vindeiras semanas.
      Ademais de Manuel Domínguez no Consello Comarcal do Salnés estarán tamén o citado Xoán Castaño, Sandra Fernández Agraso, Vanessa Fariña, Heladio Outeiro, Duarte Correa, Ester Vázquez, Marta Ferreiro, David Torres, David Otero, Lucía César, Vanessa Meis, Xabier Ríos, Víctor Caamaño, Montse Prado, María Villaronga, Xosé Henrique García, Pilar Xiráldez e Helena Vilas.
     Na súa intervención tras ser elixido por unanimidade de todos os presentes Manuel Domínguez destacou a intención de “traballar dende o Salnés para afortalar o proxecto nacionalista como única alternativa na defensa dos intereses dos galegos”.

O cambadés Manuel Domínguez, novo responsable comarcal do BNG

Te puede interesar