Carril explora o seu lado máis “rosaliano” cunha exposición e a teatralización da vida da poetisa

Carril explora o seu lado máis “rosaliano” cunha exposición e a teatralización da vida da poetisa
Diario de Arousa-2018-07-13-008-901a8272

Carril será hoxe máis rosaliana que nunca. A localidade que escolleu a célebre poetisa para pasar varios veráns e ver por última vez o mar antes de finar será hoxe escenario dunha serie de actividades promovidas conxuntamente polos Amigos do Carril e pola Fundación Rosalía. Membros do colectivo vilagarcián apuntaron a que levan varios anos en contacto coa Fundación e facendo “recollas” a pé de casas en Carril para investigar sobre a vinculación que a escritora tivo con este pequeno pobo mariñeiro. A investigación aínda segue, pero parte da mesma poderá verse dende hoxe reflectida nunha exposición que se inaugurará a partir da unha e media da tarde no Museo do Ferrocarril. Trátase, como explican os promotores, dun total de 11 paneis explicativos que afondan no contexto histórico de Carril como porto de interés a finais do século XIX e tamén na tradición oral que existe en torno á figura da propia Rosalía.
     Non será a única actividade pensada por estes fanáticos da vida e obra da poetisa para a xornada de hoxe que se presenta baixo o epígrafe de “Quero ver o mar!”. De feito a partir das nove e media a praia da Covacha, donde se intúe que Rosalía chegou a tomar os baños, convertirase nun escenario no que, sobre todo, terán cabida os versos e os escritos máis coñecidos da autora. Será alí donde se levará a cabo a lectura de poemas, a solta de versos e, se a marea así o permite, a recreación da viaxe en barco que fixo Rosalía dende a praia da Covacha ata o Museo do Ferrocarril por mar. Varios actores afeccionados farán unha dramatización a pé de praia a partir de textos de Rosalía e de Manuel Murguía, tomando como referencia a maiores a tradición oral no Carril e as derradeiras horas da autora na vila. Para rematar a xornada terá lugar o concerto de Najla Shami. 
     Mañá, por outra banda, haberá unha subida de dornas polo río ata Padrón como homenaxe á autora nacida en Santiago.

Carril explora o seu lado máis “rosaliano” cunha exposición e a teatralización da vida da poetisa

Te puede interesar