viernes 30/10/20

Centro Comercial e Mesa das Verbas convocan un certame literario co gallo das Letras Galegas

O Centro Comercial Arousa e a Mesa das Verbas suman esforzos para convocar o que será a primeira edición do Certame Literario das Letras Galegas de 2018. Tras o éxito de participación acadado no Concurso de Cartas de Amor

Diario de Arousa-2018-03-15-008-257552b0
O certame literario co gallo das Letras Galegas foi presentado onte no Centro Comercial Arousa |

O Centro Comercial Arousa e a Mesa das Verbas suman esforzos para convocar o que será a primeira edición do Certame Literario das Letras Galegas de 2018. Tras o éxito de participación acadado no Concurso de Cartas de Amor do pasado mes de febreiro apostan por seguir fomentando a cultura e, como non, a literatura.
A este certame literario das Letras Galegas poden presentarse todas aquelas obras (de calquera xénero literario) escritas exclusivamente en galego e sobre calquera temática. Así pois poesía, novela, microrrelatos ou xénero epistolar son totalmente admitidos nas bases do concurso. A extensión da obra a concurso non debe superar unha cara dunha folla. Cada persoa pode presentar un máximo de tres obras ao certame.
Os participantes teñen que depositar a súa obra nun sobre pechado, sen nome e co número de teléfono nos buzóns ubicados en diferentes partes do Centro Comercial Arousa pensados precisamente para estas cuestións. Poderán facelo a partir do día 19 e ata o 17 de abril. O 17 de maio, día das Letras Galegas, haberá unha edición especial da Mesa das Verbas na que se darán a coñecer os tres premiados do certame despois da valoración de todos os traballos presentados por parte do xurado.
Segundo se establece nas bases o primeiro premio son 90 euros en efectivo e 50 en vales de compra para gastar nos establecementos do Centro Comercial Arousa; o segundo premio consiste en 40 euros en metálico e 40 en vales de compra, mentres que o terceiro son 30 euros en metálico e 20 en vales de compra. 
As obras gañadoras volcaranse no boletín da Mesa das Verba tal e como onte explicaban dende a organización. l

Comentarios