A choiva non desluce o culto ás letras e a música que mirou ao mar en Carril

A choiva non desluce o culto ás letras e a música que mirou ao mar en Carril
Diario de Arousa-2019-05-18-004-c6ee2e74

Os actos das Letras Galegas tiveron en Carril o escenario principal. Ademáis da ofrenda floral que cada ano acolle o busto a Rosalía de Castro, o baile e a música déronse a man coas verbas nun acto pasado por auga. Comezou o programa ás doce e media do mediodía, coa homenaxe que cada ano se lle rinde á poetisa de Padrón que mirou ao mar dende a ventá dunha vella casa en Carril. As actuacións de baile incluidas nesta parte do programa, tiveron que facerse no interior, na sede do Gato Negro, debido a choiva.

Homenaxe a Vidal Lemiña
A música tomou o relevo do baile co concerto homenaxe a Juan Vidal Lemiña, autor de letras que divulgaron coñecidas voces carrilexas como as dos “Nachos” e que onte volveron a escoitarse da man dun coro creado para a ocasión. Gaspar Somoza, Josito Porto, Yolanda Vázquez e outras voces coñecidas reunironse no escenario da man de Pablo Vidal. Nin a choiva puido con eles .

A choiva non desluce o culto ás letras e a música que mirou ao mar en Carril

Te puede interesar