“A clave do humor actual é facer rir falando de cousas totalmente normais”

“A clave do humor actual é facer rir falando de cousas totalmente normais”
O Salnés. Vilanova. Celebración del Día do Cooperativismo Galego 2010. Más de 1.500 personas asistieron al acto en Baión. El monologuista Rober Bodegas fue el encargado de presentar el acto.

O humor de Rober Bodegas, ese que encandilou a milleiros de persoas tanto nos escenarios máis próximos como a través da pantalla televisiva en diferentes programas desembarca hoxe en Vilagarcía. A actuación está prevista para as dez da noite no Salón García e as entradas poden adquirirse alí mesmo por un prezo de dez euros. O monologuista de Carballo conta algunas das claves que os espectadores poderán gozar.

“Antoloxía sen filtro” ponse hoxe por primeira vez sobre o escenario. Qué sorpresas se vai atopar o público de Vilagarcía?
En Vilagarcía xa estiven actuando un par de veces anteriormente polo que, aqueles que xa me coñecen, vanse atopar un espectáculo totalmente meu. De feito tamén introducirei claves de espectáculos de antes con clásicos que van a gustar seguro. Realmente é un repertorio aberto, moi amplo, no que se fai un repaso por varios tópicos que nunca deixan de sorprender e de estar de actualidade. Con esas cousas é coas que se xoga.

Claves que farán partícipe ao público e coas que, seguramente, se sentirá identificado...
Seguramente. A clave de facer humor hoxe en día está precisamente niso, en que das cousas totalmente normais se faga rir á xente. Desa maneira séntense totalmente identificados co que ti estás contando. Eu penso que iso aproxima moitísimo ao humorista ao público.

Cales son eses tópicos clásicos que sempre funcionan?
A cuestión non está nos temas, senón na forma de contalos. A xente que vaia ao meu espectáculo vai poder escoitar cousas sobre os animais en perigo de extinción, operacións como as liposucións, produtos de alimentación e cousas así. Por exemplo... algo que eu sempre me preguntei. Quen merca os produtos da teletenda? Que clase de xente os utiliza e por qué? Son cuestións que a priori poden non parecer ter gracia, pero que logo contadas soan diferentes.
É dicir, todos os que hoxe acudan ao Salón García teñen a diversión máis que garantizada...
Pois espero que si. As veces que estiven actuando aí tanto en auditorios como en garitos foron moi boas e cun gran éxito de público. Eu penso que este tipo de humor gusta e este último show agrupa un pouco de todo o anterior, ademáis de cuestións totalmente novas. O público vaise divertir e por iso o animo a que acuda, porque non lle vai resultar indeferente o que alí se vai contar. n

“A clave do humor actual é facer rir falando de cousas totalmente normais”

Te puede interesar