Os cogumelos son para o outono, pese á covid-19

Os cogumelos son para o outono, pese á covid-19

Haberá cogumelos tamén este outono en Vilagarcía, aínda que sexa en dose máis reducida que outros anos. A Cantarela, que dende hai décadas se encarga de transmitir a paixón por estos fungos, non se resiste a elaborar un programa que inclue charlas e exposicións. Estarán, iso si, suxeitas ás normativas que se dicten para protección frente ao virus, como o uso de máscara e xel desinfectante ou o respeto ás distancias de seguridade. En calquera caso, todo queda pendente da evolución da crise sanitaria.

As actividades que xa se suspenderon definitivamente son as saídas ao campo en autobús, a Festa dos Cogumelos, o Concurso de Cociña, a Exposición de Cestas de Outono, a Comida Micolóxica e a sesión de clausura.

Non son tempos para eventos multitudinarios e os relacionados coa gastronomía das setas sempre tiveron moito éxito en Vilagarcía. Este ano non poderá ser, pero os amantes do mundo micolóxico seguirán tendo un punto de encontro.

Programa de actos

Así, o domingo 15 de novembro terá lugar a apertura das exposicións de setas, paneis, láminas, debuxo e maquetas. Ao día seguinte, comezarán as charlas. Carlos Álvarez Puga será o encargado de abrir fogo cunha “Iniciación á Micoloxía”. Será na sala de conferencias a partir das oito e medio. Jaime B. Blanco tomará o relevo o día 17, na mesma ubicación e no mesmo horario, cunha charla que versará sobre as intoxicacións por setas. O servicio de identificación de setas seguirá activo os luns de novembro, na sede de A Cantarela, no 24 de Rosalía de Castro, de 19 a 20 horas. l

Os cogumelos son para o outono, pese á covid-19

Te puede interesar