“Cómaros Verdes”, unha aventura editorial que abriu a porta da literatura en galego

“Cómaros Verdes”, unha aventura editorial que abriu a porta da literatura en galego
As xornadas sobre Cómaros Verdes leváronse a cabo no Salón García | gonzalo salgado

“Cómaros Verdes” foi “unha aventura editorial” que abriu a porta da á publicación de novas obras en lingua galega. Así o destacou o profesor Xosé Manuel Dasilva durante as xornadas que se celebraron onte no Salón García, e que contaron coa asistencia de alumnos do instituto Bouza Brey.
O ex presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, incidiu en que non foi o primeiro libro en galego tras a guerra civil, pero si o máis importante. Foi o xerme, por exemplo, da Colección Benito Soto, en Pontevedra, e tres anos máis tarde de Galaxia. “Destaca tamén polo prestixio do seu autor, que xa era moi coñecido, e pola calidade dos seus poemas”, asegura Dasilva.
Prohibido
Se Dasilva cualifica “Cómaros Verdes” de aventura editorial é polos avatares que sufriu, antes e despois da súa publicación. En primeiro lugar, porque a imprenta Celta, de Severino González, “non tiña a maquinaria adecuada”.
O editor e o autor coñecéronse nos debates organizados no “Chalé”, un lugar de faladoiro no que se fraguou o libro que colocaría a Vilagarcía en todos os manuais de texto. O seguinte obstáculo polo que tivo que pasar “Cómaros” foi a maquinaria da censura. E que a publicación non contaba cos permisos preceptivos e cando caeron na conta na Delegación de Pontevedra mandaron retirar os exemplares da Celta, chamaron á orde ao delegado en Vilagarcía e informaron ao Ministerio en Madrid. Iglesias Alvariño, temoroso dunha sanción tanto para el como para a imprenta, optou por dúas medidas: Solicitar unha autorización “a posteriori”, o que fixo un sábado, e solicitar unha recomendación. Para elo, tirou do fío de Xosé Filgueira Valverde, que o levou cara a Juan Aparicio, unha persoa moi importante no réxime e que resolveu a favor de "Cómaros Verdes".

“Cómaros Verdes”, unha aventura editorial que abriu a porta da literatura en galego

Te puede interesar