O Concello dá de baixa a 72 estranxeiros por non renovar a inscripción no padrón

O Concello dá de baixa a 72 estranxeiros por non renovar a inscripción no padrón
24 agosto 2012. Vilagarcía. Gente paseando por la calle peatonal Rey Daviña.

Un total de 72 estranxeiros están a piques de ser dados de baixa no padrón municipal de Vilagarcía. Todos proceden de países non comunitarios, que teñen a obriga de renovar a súa inscripción cada dous anos e que non o fixeron. A relación publicouse onte no Boletín Oficial da Provincia e aínda teñen un prazo de dez días hábiles para realizar a renovación padronal. Sen non o fan, continuarán os trámites que finalizarán coa súa baixa definitiva do padrón.
Este é un procedemento habitual por parte da administración local. O Concello realiza cada ano ata dúas depuracións do padrón para confirmar a situación dos estranxeiros e tamén dos vilagarciáns que deixan de residir na cidade por algún motivo e non o notifican no rexistro municipal.
Neste proceso inclúense as persoas que proceden de países da Unión Europea, pero non ocurre o mesmo cos do resto de procedencias, como é o caso dos 72 que aparecen na relación publicada no BOP. Se son de outros países teñen a obriga de comunicarse co Concello cada dous anos, no caso contrario este os dá automaticamente de baixa. É a Policía Local a que se encarga de visitar os domicilios dos estranxeiros que residen na cidade para comprobar se continúan residindo alí ou se polo contrario xa cambiaron de residencia e hai que dalos de baixa. n

O Concello dá de baixa a 72 estranxeiros por non renovar a inscripción no padrón

Te puede interesar