Dakidarría e Ortiga suben hoxe ao escenario de Revenidas con todas as entradas vendidas

Dakidarría e Ortiga suben hoxe ao escenario  de Revenidas con todas as entradas vendidas
María Xosé Silvar “Ses” foi onte o concerto estrela do Revenidas | m. ferreirós

A música de Dakidarría e de Ortiga protagonizan a xornada de hoxe das Revenidas “en conserva” con todas as entradas vendidas. As dúas formacións porán o broche de ouro á xornada deste sábado repleta de actividades, todas elas controladas e coas medidas de seguridade obrigadas pola crise sanitaria do coronavirus.

Así pois a programación de hoxe arranca na Praza Rafael Pazos a partir das seis da tarde coa actuación de O Mago Paco e Gramola (sobre as 20 horas). O acceso é gratuíto e por orde de acceso ata completar o aforo. Xa á unha será a quenda do gran Quico Cadaval no parque de Dona Concha e de Monoulious DOP. Para acceder a estes espectáculos xa non quedan entradas. Xa por último e no Porto de Vilaxoán serán os concertos de pago a partir das 21 horas.

 A xornada do sábado chega despois de dous días de Revenidas “en conserva” que deixaron o listón moi alto con actuacións moi aplaudidas como a De Vacas e a da incombustible Ses onte tamén na explanada portuaria.

Neste ano tan complicado para o sector cultural Revenidas apostou pola música da terra e por artistas locais para a súa programación que, ano a ano, mostran un forte apego identitario e de defensa do propio.

Dakidarría e Ortiga suben hoxe ao escenario de Revenidas con todas as entradas vendidas

Te puede interesar