Desfile, música, baile e foliada no encontro de música folclórica de “A Devesa dos Pícaros”

Desfile, música, baile e foliada no encontro de música folclórica de “A Devesa dos Pícaros”
A organización corre a cargo dos membros da Asociación “Nós” de Sobradelo

Por cuarto ano consecutivo e coa previsión de asistencia de arredor 200 persoas a Asociación “Nós” de Sobradelo aposta de novo polo formato de encontro multixeracional no que non faltará a música da terra, desfile, baile, foliada e boa comida. O encontro de música folclórica de Vilagarcía terá lugar o domingo día 12 durante toda a xornada e, aparte da agrupación “Nós” de Sobradelo e dos nenos dos diferentes cursos, tamén están convidados á cita os integrantes das formacións “A mámoa de Luou”, “Agrupación Valle-Inclán”, “A Ponte Vella”, “Mar de Arousa” e “Tequexetéldere”.

As actividades arrincarán ao fío das doce do mediodía cun desfile que partirá da Praza de Galicia, percorrerá a rúa Rey Daviña para chegar á Praza da Segunda República. “Será un desfile moi vistoso e divertido”, explicaba onte Feliciano Suárez dende a asociación “Nós”.

Ás 12.30 empezará o festival en sí con diferentes actuacións dos grupos citados, un auténtico “luxo para os sentidos”, en palabras da propia organización. De seguido a Praza da Peixería é o lugar escollido para a gran comida de confraternidade. Será neste mesmo espazo donde haberá xogos tradicionais de todo tipo, concursos por equipos e tamén un gran serán e foliada pensada sobre todo para os asistentes máis pequenos. Ao final do día farase entrega dalgúns agasallos.

Feliciano Suárez destacou sobre todo o papel “dos pais que levan aos seus nenos a este tipo de actividades, dado que eles son os que nun futuro van ser os que van transmitir o amor pola música tradicional e polo folclore”.

No desfile e nas actividades que xiran en torno á “Devesa dos Pícaros” haberá nenos de tres anos de idade que xa mostran a súa querencia por todo o que rodea a música tradicional.

Desfile, música, baile e foliada no encontro de música folclórica de “A Devesa dos Pícaros”

Te puede interesar