Despedidos por EREs asisten a unha asamblea da CIG contra o desemprego

Despedidos por EREs asisten a unha asamblea da CIG contra o desemprego
asamblea de la cig en vilanova de arousa /

A asamblea que a CIG celebrou en Vilanova congregou a numerosas persoas que perderon o seu traballo no marco de procesos de Expedientes de Regulación de Emprego en industrias do Salnés e Ulla Umia. Este é un dos sectores ao que está dirixida a campaña que a central sindical puxo en marcha en toda a comunidade autónoma e que leva por título “Salvemos Galiza”.
A CIG presentou a estes traballadores e aos delegados alí presentes as cen medidas coas que pretenden invertir a actual situación económica e laboral e que abordan todos os sectores, desde o público ao industrial, pasando polo produtivo.
Precisamente é neste último nos que fixeron fincapé Rosa Abuín e Xoán Xosé Bouzas Aboi, pola relación que as comarcas arousáns teñen co mar, do que dependen milleiros de familias. A recuperación de bancos marisqueiros perdidos nos recheos ou a posta en valor da calidade da conserva galega e a súa difusión nos mercados internacionais a través dun etiquetado no que apareza identificada a súa procedencia son algunhas das actuacións neste senso.
A CIG tamén recordou que nas comarcas do Salnés e Ulla Umia perdéronse máis de seis mil empregos desde marzo de 2008. n

Despedidos por EREs asisten a unha asamblea da CIG contra o desemprego

Te puede interesar