jueves 26/11/20

Detido por provocar un incendio nunha vivenda ocupada por indixentes aos que lles roubou

Axentes do corpo nacional de Policía detiveron nos últimos días a un veciño de Vilagarcía que foi denunciado por provocar un incendio nunha vivenda ocupada por indixentes.

Axentes da Policía Nacional durante unha operación na comarca do Salnés | gonzalo salgado
Axentes da Policía Nacional durante unha operación na comarca do Salnés | gonzalo salgado

Axentes do corpo nacional de Policía detiveron nos últimos días a un veciño de Vilagarcía que foi denunciado por provocar un incendio nunha vivenda ocupada por indixentes. Os feitos remóntanse a unhas semanas atrás e, segundo se indica nos datos facilitados pola Policía Nacional, o home non só prendeu lume de forma intencionada á casa, senón que tamén lles roubou diferentes pertenzas aos indixentes que nela se atopaban empregando a violencia.
Tras esta primeira detención, o pasado día 21, o home foi posto en liberdade.
De todos xeitos, e pese ás advertencias tanto da Policía como da titular do Xulgado de Instrución, apenas 24 horas despois o vilagarcián foi interceptado novamente por un vehículo policial que estaba facendo tarefas de prevención da seguridade cidadá. Foi entón cando viron ao individuo que estaba distribuíndo diferentes drogas e sustancias estupefacentes.
Tras requisalo os axentes da Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía interceptáronlle sete bolsas termo seladas que contiñan cocaína, tamén outras once bolsas de heroína, un cacho de haxís, 36 plantillas de Tramkimacin e dúas pastillas de metadona.
 

Numerosos antecedentes
O detido conta con numerosos antecedentes policiais por asuntos similares, segundo sinalaban dende o corpo nacional. De feito non tardou nin 24 horas despois da súa detención como presunto autor do incendio da vivenda na que estaban os indixentes en volver a delinquir e proceder á venta ilícita de drogas e sustancias estupefacentes.
De feito o vilagarcián xa é un vello coñecido das forzas do orde e tamén dos propios xulgados vilagarciáns que xa o viron pasar polas súas dependencias en máis dunha ocasión.

Comentarios