O entorno do Castriño acolle hoxe a primeira romaxe urbana “Folk no Alobre”

A primeira romaxe urbana recala hoxe en Vilagarcía nun entorno inigualable que chama á participación de centos de persoas. Baixo o nome de “Folk no Alobre” o entorno do parque Valdés Bermejo (tamén coñecido como O Castriño) acollerá todo un rosario de actividades que irán dende a música tradicional, aos obradoiros e ao bo ambiente nun entorno inmellorable. A inauguración será ao fío das onte da noite a cargo do grupo tradicional “Os Demos da Petaca”. Xusto a continuación haberá un obradoiro de baile tradicional a cargo de Serxio Cobos, pensado para as familias. Ás doce haberá outro de fabricación de tarrañolas. O xantar comezará ao fío das dúas da tarde e será sobre as cinco cando se celebrará o obradoiro de danzas do mundo con Mercedes Prieto.
     Os concertos, prato forte desta xornada de convivencia e de exaltación da cultura propia, serán a partir das sete da tarde. Os grupos convidados son Os Demos da Petaca, Primordiais, Habelas Hainas e Carapaus.
      A iniciativa está organizada conxuntamente pola asociación Pésdebarro e polo Concello de Vilagarcía e nace cunha vocación de continuidade e como un punto clave para dar a coñecer un dos enclaves históricos máis senlleiros da capital arousá. l

O entorno do Castriño acolle hoxe a primeira romaxe urbana “Folk no Alobre”

Te puede interesar