viernes 30/10/20

EU e Somos instan a Ravella a retomar o diálogo cos delegados sindicais e a axilizar a RPT

As formacións Esquerda Unida e Somos Maioría de Vilagarcía instan ao goberno local de Alberto Varela a retomar as negociacións cos representantes sindicais do Concello e a axiliar a necesaria e comprometida Relación de Postos

As formacións Esquerda Unida e Somos Maioría de Vilagarcía instan ao goberno local de Alberto Varela a retomar as negociacións cos representantes sindicais do Concello e a axiliar a necesaria e comprometida Relación de Postos de Traballo (RPT). Representantes de ambas formacións mantiveron unha xuntanza tanto co Comité de Empresa como da Xunta de Persoal. Despois desta constataron “a inaceptable parálise que acumula a elaboración dun documento básico para rematar coas irregularidades e desaxustes existentes e garantir o cumprimento dos dereitos laborais da plantilla municipal”.
Os voceiros de Esquerda Unida e de Somos cren que “a negativa do goberno de Varela a abordar a RPT cos traballadores e os seus representantes resulta incomprensible e inadmisible”. Jesús López e Gaspar González lembran que o citado documento “xa debería esatr elaborado, analizado e debatido coa representación legal da plantilla”.
EU e Somos Maioría apelan á “boa fe do goberno local para dar forma a un documento sen o cal o Concello está a incorrer nunha actitude de absoluto desprezo polos dereitos dos seus traballadores, perpetuando unha inxustiza”. As dúas formacións instan ao Partido Socialista a que retome “o diálogo e negociar como manda a lei”. Entenden que a consecución dunha RPT é unha “débeda histórica” e que é un “documento fundamental para establecer os postos precisos, as funcións asignadas a cada un deles e a súa valoración”. Aspectos que, a xulgar polos voceiros das dúas formacións, o goberno local vilagarcián “está a pasar por alto, ninguneando con elo os dereitos laborais dos seus traballadores, algúns dos cales levan tempo asumindo responsabilidades que non se adecúan á súa categoría”. 
Compromisos 
Esquerda Unida e Somos tamén lembran o compromiso adquirido polo goberno local, os edís do BNG e o non adscrito "cando no orzamento de 2018 rexeitaron as alegacións presentadas polo 100 % da representación sindical municipal alegando que a RPT sería a solución ás mesmas". É por iso que reclaman "dilixencia e palabra" ao mesmo tempo que apelan ao "cumprimento da lei e a un respecto polos dereitos laborais dos traballadores que o goberno de Varela non parece compartir". "Queremos lembrarlle ao goberno que as leis en materia laboral deben cumprirse, e os compromisos laborais tamén", sinalan. l

Comentarios