O Faiado e Carlos Rey reeditan un libro sobre os maios e outro sobre historias e lendas locais

O Faiado e Carlos Rey reeditan un libro sobre os maios e outro sobre historias e lendas locais
Antonio Caeiro, do Faiado, e o etnógrafo Carlos Rey durante a presentación dos libros | faiado

O Faiado da Memoria e o etnógrafo local Carlos Rey poñen a disposición de todos aqueles que o desexen dous libros que acaban de reeditar. O primeiro sobre a historia da tradición dos maios en Vilagarcía e o segundo, titulado “Fuches e non viches nada”, mostra un compendio de historias, lendas e contos recollidos casa a casa en diferentes puntos do municipio. Os dous libros poden descargarse de xeito gratuíto na blogoteca do Faiado en formato pdf, ben para ler en calquera dispositivo electrónico ou para imprimilo en papel.
A reedición destes dous libros forma parte do listado de actividades organizadas polo Faiado da Memoria con motivo do seu décimo aniversario. Un dos membros do Faiado, Antonio Caeiro, explicaba que durante esta década de funcionamiento se teñen elaborado cinco documentais (“Esta noite velada”; “Arde Madrid”; “El ruído y el silencio”; “Desde dentro del corazón” e “A volta dos 9”), así como exposicións variadas e unha recolla de fotografías casa por casa e con escáner na man que se materializan agora en 10.000 instantáneas na blogoteca e outras 6.000 na páxina web

O libro de lendas, contos e historias de Vilagarcía ten o seu peculiar xogo materializado en pegatinas colocadas en diferentes puntos da cidade e que están condecorados con un código BQ que levan ás historias que se refliten no libro respecto deses lugares sinalizados. Entre as lendas que se poden atopar están a referente ao “túnel das monxas” que conectaba o convento de Vista Alegre con Lobeira ou tamén ditos que se dicían en Vilagarcía hai anos e que se están perdendo.

Por outra banda a viaxe organizada polo Faiado para ir á Illa de San Simón ten xa todas as prazas cubertas.

O Faiado e Carlos Rey reeditan un libro sobre os maios e outro sobre historias e lendas locais

Te puede interesar