A falta de acordo co Concello fai perigar que Revenidas continúe en Vilaxoán

A falta de acordo co Concello fai perigar que Revenidas continúe en Vilaxoán
Diario de Arousa-2020-03-11-007-c5df9bd2

Vilaxoán podería quedar este ano sen unha das súas citas festivaleiras por excelencia. A falta de acordo entre a administración local e a organización do Festival Revenidas deixa na corda floxa a celebración dunha proposta que bebe da tradición e que acumula xa case dúas décadas de edicións con moito éxito. A organización puxo sobre a mesa unha data para o festival que se celebraría neste ano 2020 entre os días 11, 12 e 13 de setembro coa idea de non ter que coincidir con outros eventos culturais que hai na localidade como pode ser a Festa da Auga, o Clasclás ou a volta do Atlantic Fest. Aínda así, e tras varias reunións con responsables municipais, os promotores deste festival multicultural non acaban de ter o “ok” definitivo do goberno socialista. Alomenos non na fórmula coa que o festival se ten celebrado, e con moito éxito de público, nas últimas edicións.

Segundo o que puido trascender o goberno local non estaría dacordo co modelo polo que aposta a organización nin tampouco co día no que se celebraría a gran sardiñada popular unida dende hai anos ao festival multicultural. Sen os permisos necesarios por parte tanto da administración local como da autonómica a organización non pode sacar adiante a edición deste ano e tería, en todo caso, que buscar unha alternativa. O que parece difícil é pensar nun Revenidas fóra de Vilaxoán, dado que é unha cita que estivo sempre unida á idiosincrasia desta localidade mariñeira.

O que tamén é certo é que a celebración de Revenidas transforma durante os días nos que se leva a cabo o panorama de Vilaxoán, una vila moi castigada nos últimos anos pola drástica baixada poblacional. Miles de persoas achéganse ano tras ano a este enclave dende diferentes puntos de Galicia para vivir tres días de concertos, propostas gastronómicas, actividades culturais e demais propostas.

O impacto, así pois, na economía dos establecementos da zona podería ser importante se Revenidas non se celebra en terreno vilaxoanés.

Cabe destacar que Revenidas combina dende hai anos a fórmula de concertos de pago con outros gratuitos e con actividades abertas ao público.

A falta de acordo co Concello fai perigar que Revenidas continúe en Vilaxoán

Te puede interesar