O festival SONwall de música independente elixe Vilagarcía para a súa primeira edición

O festival SONwall de música independente elixe Vilagarcía para a súa primeira edición
Imaxe do cartel da primeira edición do SONwall |

A música independente chegará como un furacán a Vilagarcía a última fin de semana de marzo. Farao da man da primeira edición do festival SONwall, unha iniciativa concebida entre O Grove e capital arousá que se desenvolveu en Madrid.

O festival aproveitará o empuxe turístico da Semana Santa dos días 30 e 31 deste mes e terá lugar nas inmediacións da rúa Romero Ortiz e en dous coñecidos locais hostaleiros da localidade: O Rock Bar Miúdo e Pub Musaraña.


Dende a organización xa confirmaron os primeiros nomes dun cartel que aposta fortemente pola música emerxente.

Así pois sobre o escenario do SONwall estarán Blanco Palamera, en representación da frescura do pop do ano 2018. Este é un dúo conformado polos composteláns Manu Blanco e Xoán Domínguez que beben da electrónica nun traballo que se estila elegante e melódico.
Nesta primeira edición do SONwall de Vilagarcía tamén estará Marem Ladson, unha galego-estadounidense que conseguiu destacar como unha das promesas do ano despois da súa participación no DCODE 2017. A influencia folk na súa música e a súa madurez estilística darán lugar un dos momentos máis especiais do festival.

A última das confirmacións é a de Travesti Afgano, cun directo no que predomina a espontaneidade.Un quintento que se caracteriza por un “rock sucio” que deleitará aos presentes.

A entrada ao festival é de balde, aínda que a organización porá a disposición dos presentes “abonos colaborativos” de 10 euros que servirán para pagar o festival. Estes poderanse canxear por bebida nos dous locais. A compra dos abonos servirá para entrar no sorteo de diferentes regalos cedidos polos colaboradores. Tamén haberá un posto de merchandising no festival que axudará a financiar a iniciativa.

O festival SONwall de música independente elixe Vilagarcía para a súa primeira edición

Te puede interesar