A filosofía cómica de “Mofa e Befa” abre o ciclo de teatro galego no Auditorio

A filosofía cómica de 
“Mofa e Befa” abre o ciclo de 
teatro galego no Auditorio
Víctor Mosqueira e Sonia Outón na presentación do ciclo |

Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira ou, o que é o mesmo, “Mofa e Befa”, son os encargados de inaugurar este sábado o ciclo de teatro galego no Auditorio de Vilagarcía. Unha programación promovida conxuntamente polo Concello e por Agadic e que está pensada tanto para o público adulto como para o infantil. “A obra é unha reflexión sobre a filosofía perralleira e prometemos que a xente se vai rir moito”, aclarou Víctor Mosqueira.
A cita é ás nove e media da noite e as entradas xa están á venda a través da web de Ticketea por 5 euros. Tamén se poden adquirir o mesmo día do espectáculo.
A actuación de “Mofa e Befa” non é máis que a primeira do serial con cuño galego que desembarca no Auditorio esta primavera.O 10 de marzo é a quenda da obra “Nacias Libres”, una produción que narra a historia das monxas de Santiago retidas contra a súa vontade e rescatadas pola Policía.
A programación continúa o 26 de maio da man de Ibuprofeno Teatro coa obra “Casa O Rei”. Esta é unha montaxe de Santiago Cortegoso que forma parte dunha triloxía adicada á comida. De feito a acción transcorre nunha típica casa de comidas galega na que un pai se encarga de repartir a herdanza entre as súas fillas. É unha traxicomedia no que o espectador pode rir e chorar ao mesmo tempo.

Para os nenos
Agadic tamén desembarca con programación pensada para nenos. O día 21 de abril terá lugar a obra “Trogloditas”, de Tanxarina, dentro da programación do Lectoriño 2018. A entrada é gratuíta.
Xa o 28 de abril será a quenda de “El mundo lirondo”, cunha entrada de cinco euros. As dúas obras serán ás seis da tarde.

A filosofía cómica de “Mofa e Befa” abre o ciclo de teatro galego no Auditorio

Te puede interesar