Flores, música e loita co gallo do Día das Letras Galegas

Flores, música e loita co gallo do Día das Letras Galegas
o busto de rosalía de castro foi o centro da celebración e. m.

Aqueles que teñen o galego como lingua nai e do día a día quixeron onte facer un oco nas súas axendas para reivindicar o seu papel en todas as facetas da vida cotiá. As flores a modo de ofrenda, a música como banda sonora e a loita a modo de manifestación nas rúas serviron como telón de fondo á celebración dunhas Letras Galegas que este ano tiveron como protagonista indiscutible a Roberto Vidal Bolaño.
Vilagarcía volveu centralizar en Carril as súas celebracións. Diante do Gato Negro, xusto donde está asentado o busto de Rosalía de Castro, as gaitas e os tambores soaron unha vez máis para poñer a banda sonora á ofrenda floral.
Onte tamén foi momento para a reivindicación. Membros da Plataforma Queremos Galego do Salnés desplazáronse ata Santiago para asistir á manifestación en prol da lingua e da cultura galegas.

Flores, música e loita co gallo do Día das Letras Galegas

Te puede interesar