O “Gato Negro” realiza a ofrenda floral a Rosalía de Castro co gallo das Letras Galegas

Un ano máis o “Gato Negro” de Carril organizou o que foi un dos principais eventos celebrados en Vilagarcía co gallo do Día das Letras Galegas. Foron moitos os que acudiron á tradicional cita neste 17 de maio ante o busto de Rosalía de Castro, á que un ano máis fixeron unha ofrenda floral nunha data que nesta ocasión estivo adicada a Xosé María Díaz Castro.
A música tradicional galega comezou a soar cedo polas rúas de Carril. Os pasarrúas foron o anuncio da celebración que tivo lugar ao mediodía. Moitos carrilexos achegáronse ata o centro da localidade e tampocou faltou o rexedor local. Tomás Fole acudiu acompañado por outros concelleiros, como é o caso de Sandra García e Jesús Longa. También estivo presente o responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Foron compoñentes do grupo Malveiras os encargados de depositar as flores diante do busto de Rosalía de Castro e logo todo foi música en clave galega.
Hai que sinalar que o “Gato Negro” de Carril leva moitos anos realizando esta ofrenda floral, toda unha tradición na vila. Foi o acto principal dun Día das Letras Galegas que tivo especialmente incidencia nos centros educativos do municipio. 
Durante toda a semana pasada colexios e institutos de Vilagarcía estiveron lembrando a Xosé María Díaz Castro, tendo en conta que pasou un tempo no municipio sendo profesor no colexio León XIII. Deste xeito, houbo obras de teatro, agrupacións en diferentes colexios achegando o folclore da terra, exposicións e moito traballo para divulgar a labor de Díaz Castro.
As actividades foron especialmente numerosas o pasado venres nos centros escolares, onde profesores e alumnos se volcaron na celebración do Día das Letras Galegas. Onte, 17 de maio, Carril tomou o relevo e coa ofrenda floral volveu reivindicar o emprego da lingua galega e o fomento da cultura e de todas as súas expresións nesta lingua. n

O “Gato Negro” realiza a ofrenda floral a Rosalía de Castro co gallo das Letras Galegas

Te puede interesar