“Hai a moita xente á que lle gusta o blues e non o sabe”

“Hai a moita xente á que lle gusta o blues e non o sabe”

Coa idea de demostrarlle á xente que o “blues” é algo máis que unha música “para relatar as penas” desembarca en Vilagarcía a banda Bakin Blues Band. Será a primeira vez que esta formación actúe na capital arousá e farao mañá a partir das once da noite no chiringuito da praia da Compostela. A banda ten un oco xa no panorama artístico e musical compostelán. “Levamos oito anos tocando cada semana en Santiago”. Ademais xa deron o salto aos escenarios máis plurilingües. “Estivemos en circuítos como Madrid ou San Sebastián e tamén actuamos de acompañantes de músicos como Bonny Fields, entre outros”, explican.
       A Bakin Blues Band desembarca en Vilagarcía coa idea de presentar non só versións de temas coñecidos, senón tamén temas propios. “O noso segundo disco é todo de temas nosos”. Ademais, e coñecedores de que o blues non sempre se distribúe nas liñas máis comerciais, apuntan que “hai moita xente á que lle gusta o blues e non o sabe”, ao mesmo tempo que sinalan que “esta é unha música que non só fala de penas, senón que tamén serve para bailar”. Na Bakin Blues Band sinalan que “polo menos aló donde vamos está habendo boa aceptación por parte do público que nos escoita o que nos anima a seguir adiante”. Os clásicos, temas propios e tamén algunha innovación servirán á formación para pór a banda sonora a unha noite á beira da praia.
A cita é aberta ao público e forma parte das actividades dinamizadoras do chiringuito ubicado no principal areal de Vilagarcía.

“Hai a moita xente á que lle gusta o blues e non o sabe”

Te puede interesar