Os locais hostaleiros de Vilagarcía lucirán salvamenteis en prol do idioma autóctono. Una iniciativa que parte dun grupo de alumnos do instituto Castro Alobre orientados polo departamento de Normalización Lingüística e que conta coa colaboración da asociación Ahituvi e da Concellería de Xuventude.
O traballo que agora lucirán os establecementos comezou en 2013, cunha enquisa entre os locais comerciais nos que os rapaces detectaron un uso nulo do galego e actitudes que ían entre a indiferenza e o rexeitamento. Por elo decidiron tomar medidas cunha primeira campaña consistente en carteis e esta segunda edición, con salvamenteis.
Os orixinais e reivindicativos deseños foron escollidos nun certame e corren a cargo de Carmen Cuervo, Rut Fernández, Sara Fandiño, Iago González e Carlos Nartallo.
Repartiranse un total de seis mil salvamanteis e según adiantou Félix Acuña, de Ahituvi, “algúns poderían estar colocados xa nesta fin de semana”. A edil Sandra García Roma apuntou que “a idea é que coincida coas Letras Galegas e tamén con Santa Rita”.
Os docentes do Castro Alobre alabaron o traballo dos estudantes. “Sen as súas ideas non estaríamos aquí”, dixeron.