domingo 27/9/20

A música folk e a tradición romeira atopan no Castriño o asentamento perfecto

Un ano máis a Asociación Pésdebarro acadou con éxito a recuperación da típica romaría galega e urbana coa segunda edición da iniciativa Folk no Alobre.O parque Valdés Bermejo convertiuse onte dende ben cedo nun espazo para o intercambio

A música folk e a tradición romeira atopan no Castriño 
o asentamento perfecto

Un ano máis a Asociación Pésdebarro acadou con éxito a recuperación da típica romaría galega e urbana coa segunda edición da iniciativa Folk no Alobre.O parque Valdés Bermejo convertiuse onte dende ben cedo nun espazo para o intercambio xeracional, a aprendizaxe da cultura galega e para a diversión sen límite. A programación deu comezo cunha visita guiada dende o convento de Vista Alegre recorrendo tanto o Castro Alobre como o propio Valdés Bermejo.
Non faltou tampouco o obradoiro de construción de instrumentos de cana con Xosé Lois Lucio. Os participantes tiveron a oportunidade de facer xoguetes con material medioambientalmente sostible e, ao mesmo tempo, recuperar aqueles que estaban esquecidos na memoria.
O xantar convertiu Valdés Bermejo nun gran picnic coa animación de Cé Orquestra Pantasma. A primeira hora da tarde deu comezo o obradoiro de danzas do mundo con Rocío García. Os concertos arrancaron ás seis da tarde coas actuacións de Os demos da petaca, Ardentía, Tres pesos e Tanto nos ten.
A cita festiva prolongouse ata as doce da noite, dado que o público era fundamentalmente familiar. A cita consigue desta forma asentarse de forma definitiva no calendario e programación de Vilagarcía cun tipo de actividade distinto no que a música serve de nexo de unión entre xeracións e serve de fío conductor a unha xornada de convivencia. l

Comentarios