Na procura da memoria viva da parroquia de Bamio

Na procura da memoria viva da parroquia de Bamio
Os fornos atopábanse no entorno da praia do Campanario

Dende alomenos o século XVII, no entorno do que é hoxe a praia do Campanario de Bamio, existían fornos de cerámica que servían para confeccionar diferente tipo de louza. Algúns restos deses utensilios (uns pensados para o uso e outros para a decoración) aínda se conservan por esa zona. En Bamio non había barro. A materia prima destes fornos viña de río abaixo, da zona de Dena e Meaño, tal e como queda constatado na documentación que se conserva sobre a historia destes fornos tan simbólicos. Estas e outras historias, con testemuñas directas, son as que busca a historiadora Bea Comendador a través dunha iniciativa que se pon en marcha mañá mesmo a través da Asociación de Mulleres Rurais de Bamio. A cita é ás nove da noite na Casa da Cultura. “É unha primeira toma de contacto para ver como os veciños da zona responden. O que queremos é recoller a memoria viva da parroquia, ver se a xente recorda este asunto e ir traballando tamén na información sobre os restos que aínda quedan”, sinala Bea Comendador. E é que ela mesma recoñece que “tanto a zona de Bamio como indo máis hacia aló, hacia Catoira, é un terreno sobre o que non se ten falado moito, aínda por explorar”.
A historiadora apela á memoria dos veciños. “Algúns aínda se lembrarán dos louceiros e dos seus nomes, algúns eran coñecidos” e advirte que “tamén estaría ben saber se conservan algunhas desas pezas na casa, porque sei de boa tinta que algunhas deses mesmos deseños se poden adquirir en tendas”. E é que a cerámica elaborada en Bamio chegou a ter tanta sona como a que hoxe en día pode ter a de Buño. “O que pasa é que aquí non se traballou na súa perservación”, sinala Comendador.
Os fornos que descansaban no entorno da praia do Campanario e a chegada de barcazas a ese lugar son, ademais, un excelente exemplo do tráfico que sempre existiu na Ría de Arousa e no río Ulla como exemplo de vía de comunicación básica nas operacións comerciais.

Na procura da memoria viva da parroquia de Bamio

Te puede interesar