Novedades Carminha actuará na Xunqueira polas festas de Santa Rita

Novedades Carminha actuará na Xunqueira polas festas de Santa Rita
Unha actuación anterior de Novedades Carminha |

O concerto que, dende hai xa unos anos, pon música ás tradicionais festas de Santa Rita xa ten nome e apelidos. O trío galego punk Novedades Carminha actuará no parque da Xunqueira a noite do 19 de maio a partir das once da noite e gratis.

O grupo presentará o seu último disco, “Campeones del Mundo”, e fará tamén un percorrido pola súa historia musical.
A banda conseguiu cos seus álbums anteriores situarse nos mellores postos do listado de bandas de rock and roll galego, cun resultado sempre fresco, sexy e contemporáneo.

Outra das súas bazas é que os seus característicos converten ao público en partícipe principal do seu espectáculo aló donde van tocar.
As festas de Santa Rita celebraranse entre o 18 e o 22 de maio, día propio da conmemoración relixiosa, e dende a Concellería de Cultura avanzan que novamente a programación inclúe unha feira celta no entorno do río.

Novedades Carminha actuará na Xunqueira polas festas de Santa Rita

Te puede interesar