lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Un novo chatbot e maior horario do teléfono para avisar dos niños

Un especialista manexando un niño

A Xunta lembra a importancia de que a cidadanía contacte co Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 cando se detecte un niño de vespa asiática tendo en conta que nesta época do ano aumenta a súa actividade. Cómpre incidir na importancia de que os cidadáns continúen chamando a este teléfono para avisar da presenza de niños desta especie co obxectivo de minimizar o seu impacto e frear o seu avance na comunidade galega.


De feito, tendo en conta o aumento da proliferación desta especie nesta época do ano, a Xunta reforzará  ata mediados de setembro esta liña específica do Teléfono 012 para atender os avisos de niños de velutina estendendo a súa cobertura a todos os días da semana en horario entre as 08,00 e as 20,00 horas, mentres que o resto do ano está activa de luns a venres tamén nese horario e os sábados de 08,00 a 17,30 horas.


A Xunta aposta tamén pola implantación de novas funcionalidades aproveitando o papel que brindan hoxe en dia as novas tecnoloxías para habilitar novas formas de contacto para os cidadáns complementarias ás chamadas ao 012 e facilitar a comunicación dos avisos. É o caso do novo chatbot posto en marcha a mediados de xullo para que a cidadanía poida comunicar á Xunta a presenza de niños de vespa velutina como vía complementaria ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012.


Esta canle de comunicación é unha contorna de chat similar á doutros servizos en liña que conta con opcións pechadas de resposta para guiar aos usuarios co obxectivo de rexistrar o aviso de forma adecuada. Deste xeito, os cidadáns teñen á súa disposición este servizo as 24 horas do día os 365 días do ano ao que se pode acceder desde a páxina web www.xunta.gal/servizo-do-012 .


No marco do esforzo do Goberno galego por comunicarse coa cidadanía neste ámbito, a Xunta informa á cidadanía do estado dos seus avisos mediante o servizo de comunicación de resolución de avisos SMS desde o que foron enviadas no primeiro semestre deste ano máis de 6.100 mensaxes. Ademais, o ano pasado integrouse nese servizo a nova aplicación Controlvelutina na que os efectivos de Seaga xestionan os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final.


Así, os traballadores de campo encargados da retirada, xestionan os seus avisos en tempo real e en comunicación constante co alertante directamente dende o seu dispositivo electrónico. Logo de planificar a visita e acudir ao lugar do aviso, introducen os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións que proceda sobre o caso concreto, así como o resultado final da actuación. Isto vai permitindo ter unha foto real e rigorosa sobre a evolución e o comportamento desta especie invasora que poderá ser utilizada para a realización de análises e estratexias de cara a seguir controlando a súa expansión.


Dado que esta aplicación está xa conectada co servizo de comunicación da resolución dos avisos vía SMS permite manter informado ao alertante do estado do seu aviso, a través do envío de SMS sempre que se facilitase un teléfono móbil.


Neste ano deuse un paso máis nesta ferramenta coa súa integración cos servizos de emerxencias do 112 permitindo que se poidan derivar de forma automática os avisos para mobilizar os medios de retirada nos casos máis urxentes.


A Xunta potencia tamén o portal de internet “Eido local” (www.eidolocal.gal) como canle de comunicación permanente coas entidades locais de Galicia para dar información actualizada sobre as actuacións, así como a información relativa á xestión de todos os avisos de niños de vespa velutina recibidos polo 012 respecto do seu ámbito territorial l

Un novo chatbot e maior horario do teléfono para avisar dos niños

Te puede interesar