O novo trazado do tren do Porto segue sen estrearse tras catro meses do final da obra

O novo trazado do tren do Porto segue sen estrearse tras catro meses do final da obra
Diario de Arousa-2014-07-25-007-69e17f9a

O novo trazado ferroviario do porto de Vilagarcía ata os peiraos Comercial e Comboa non está tendo a resposta que se agardaba. Xa pasaron catro meses da finalización da obra e polo momento ningún operador se puxo en contacto coa Autoridade Portuaria para o seu uso a corto ou longo prazo, así o confirmaron fontes da rada vilagarciana que aseguran que se segue a traballar na captación de clientes.
Tampouco Fomento recepcionou a obra, un trámite clave para o seu uso xa que supón a revisión dos traballos e que garantizan que están en perfectas condicións para a súa utilización.
Cabe recordar que os traballos foron adxudicados no Consello de Administración do Porto de Vilagarcía a Comsa un proxecto para ampliar a conexión ferroviaria na zona sur do Porto. As obras, valoradas en 5,9 millóns de euros, completaranse proximamente cunha segunda fase, que levará o ferrocarril ao peirao de Ferrazo.
Para a execución das obras, Comsa optou por unha solución técnica que se asemella á dun tranvía urbano, coas vías incrustadas no pavimento. Como resultado, os peóns dispoñen de beirarrúas máis anchas e dun equipamento urbano renovado, xa que se habilitarán novas prazas de aparcadoiro e se creará un carril-bici en todo o trazado.
O proxecto está encamiñado a liberar o peirao do Ramal, que nun futuro acollerá unha terminal marítima para o atraque de cruceiros. Coa ampliación do servizo ferroviario aos peiraos da zona sur, a de maior actividade comercial, o Porto de Vilagarcía reforza a súa aposta pola intermodalidade e gaña en competitividade e operatividade. O proxecto da segunda fase, explican fontes portuarias, xa está redactado.
A previsión é licitar as obras en 2015 e executalas entre ese ano e 2016 cun presuposto estimado de 2,4 millóns de euros. Unha obra de especial interese para a empresa consignataria Boluda, explotadora única da terminal de colectores do Porto de Vilagarcía que descarta utilizar o ferrocarril para desprazar as súas mercadorías ata que o trazado non chegue a Ferrazo.
Por outro lado, cabe recordar que o Porto pechou o periodo de xaneiro-xuño provisionalmente cun incremento porcentual no movemento de mercancías do 4,16% con relación ao mismo periodo do ano anterior, ata alcanzar as 485.106 toneladas. As mellores cifras en comparación con 2013 corresponden aos graneis sólidos, categoría da que se moveron 134.157 toneladas. Os graneis líquidos pecharoneste periodo con case 80.000 toneladas movidas, un 33% menos que en 2013. n

O novo trazado do tren do Porto segue sen estrearse tras catro meses do final da obra

Te puede interesar