O BNG denuncia acoso laboral de Ravella entre traballadores municipais

O BNG de Vilagarcía acaba de emitir un comunicado no que denuncia a “política autoritaria e de imposición” do goberno local de Tomás Fole con respecto á plantilla de traballadores municipais. Os nacionalistas refírense en concreto á polémica surxida no seo do Concello a raíz da posta en marcha das brigadas externas o que mantén en claro descontento aos operarios.

O Bloque entende que a política practicada polo goberno conservador roza o “acoso e derribo” no caso dos traballadores municipais resulta xa de acoso e derribo”. Os nacionalistas insisten en que “estamos diante dun goberno empeñado en acentuar os puntos suspensivos fronte a calquera acordo, nunha actitude prepotente e de falta de diálogo”. Os nacionalistas lémbranlle a Tomás Fole que “o Concello non é unha posesión particular, senón un organismo público e de todos que ten como misión o servizo ao pobo e á cidadanía”.

O BNG ten claro que “entendemos que hai servizos que se teñen que realizar festivos ou fins de semana, mais estes traballos non deben ser ordinarios”. Por isto mesmo para o grupo nacionalista os feitos responde a “unha clara política de chantaxe e represalias que non ten cabida nun estado democrático”.

Mediante o citado comunicado o grupo nacionalista mostraba a “nosa solidaridade co persoal do Concello e solicitamos que PP e IVIL deixen de desprestixialos e que dunha vez por todas utilice a vía do diálogo para chegar ao consenso con eles, respetando os dereitos laborais dos  mesmos, e que se poñan a traballar para darlle solución aos moitos problemas que temos os cidadáns de Vilagarcía”.

O BNG denuncia acoso laboral de Ravella entre traballadores municipais

Te puede interesar