O Concello fai fronte común cos sectores produtivos para revivir o turismo local

O Concello fai fronte común cos sectores produtivos para revivir o turismo local
o concello busca que todos os sectores poñan da súa parte para apostar polo turismo emilio moldes

Responsables políticos, técnicos do Concello e representantes de varias asociacións e colectivos da cidade mantiveron onte un encontro de traballo no centro ocupacional da Lanzada, no Grove, para facer un fronte común que permita trazar liñas de traballo para revivir o turismo de primeiro nivel no municipio. Neste encontro estiveron nomes vencellados a todos os sectores produtivos vilagarciáns: Zona Aberta, Ahituvi, confrarías, Pazo Rubiáns, empresa Corticata, Illas Atlánticas, Club de Mar, Club de Regatas, FECA, Cámara de Comercio, Marina Vilagarcía, Arousa Fútbol 7 e Bascket Cup entre outros.
O rexedor municipal sinalou que “non é comprensible que eventos coma o Arousa Fútbol 7 que traen ata Vilagarcía a 80 familias e que estas se atopen con que moitos dos establecementos hosteleiros están pechados”.
A idea do alcalde é “traballar conxuntamente para que todas as actividades que se realicen aquí deixen aquí os beneficios”.
Tomás Fole manifestou tamén que “é certo que hai actividades que se están a realizar por parte de entidades de forma personalizada, pero o que agora tratamos é de conseguir unha posta en común para ver en qué medida podemos facer que tanto os daquí como, sobre todo, os de fóra, nos coñezan cada vez máis”.
O rexedor conservador entende que “se non coñecemos o potencial que posuímos moi mal o podemos dar a coñecer e sacar rendabilidade do mesmo”. O certo é que o turismo é unha das columnas principais que sempre se quixeron destacar por parte do executivo de Tomás Fole.
En certas ocasións incluso se ten chegado a poñer sobre a mesa por parte do goberno municipal que os comercios abrisen as súas portas cando houbese unha feira no recinto da Maroma, algo que non chegou a callar de todo entre os asociados de Zona Aberta.

O Concello fai fronte común cos sectores produtivos para revivir o turismo local

Te puede interesar