Pais e alumnos de Vilaxoán crean xoguetes non sexistas con material de refugallo

Pais e alumnos de Vilaxoán crean xoguetes non sexistas con material de refugallo
O taller tivo lugar onte en Vilaxoán g.salgado

Pais e alumnos do colexio de Vilaxoán xuntaron esforzos e imaxinación para crear xoguetes alleos aos tintes sexistas que tanto abondan nas estanterías dos grandes comercios nestas datas sinaladas. A iniciativa parteu da propia Escola de Pais e Nais do centro educativo como unha actividade complementaria na que tantos os adultos como os máis pequenos da casa puxeron en xogo a súa imaxinación. O material que empregaron foi o menos custoso, dado que se tratou de material de refugallo que os propios pais trouxeron das súas casas.
Os pais do colexio destacaron a actividade como moi interesante, dado que o sexismo e a igualdade son os temas que se trataron neste trimestre no marco da Escola de Pais e Nais. Foi, como eles mesmos din, o tema central dos cafés e a temática vai rematar a mediados de decembro cunha charla coloquio a cargo dunha especialista na materia, tendo en conta que esta é unha época do ano na que se gastan inxentes cantidades de diñeiro en xoguetes e que moitas veces non son as máis axeitadas nin as máis idóneas.

Pais e alumnos de Vilaxoán crean xoguetes non sexistas con material de refugallo

Te puede interesar