Pinocho desembarca en Vilagarcía co seu espectáculo infantil máis educativo

Pinocho desembarca en Vilagarcía co seu espectáculo infantil máis educativo
Diario de Arousa-2017-02-08-004-19a1d11e

O mundo máxico de Pinocho e as súas aventuras desembarcan esta fin de semana no Auditorio de Vilagarcía. A personaxe máis coñecida dos contos infantís chega o domingo á capital arousá da man de Educateatro, unha firma que xa producira con moito éxito historias como a dos “Tres Porquiños” ou a de “Carapuchiña Vermella”. A cita está fixada para as cinco da tarde e as entradas xa están á venda por 8 euros a través do portal web Ticketea.
“O mundo máxico de Pinocho” é unha obra pensada para nenos maiores de dous anos e unha curiosa adaptación ao teatro musical da historia de Carlo Collodi. O espectáculo ofrece non só unha alternativa de ocio para o público familiar e para os nenos, senón tamén un toque educativo que xa é marca da casa. Nesta peza mestúranse varias técnicas interpretativas como poden ser as sombras chinesas, as grandes ilusións, a maxia e os directo da música de piano e das voces dos protagonistas. O espectáculo inclúe, de feito, tres números con grandes ilusións e maxia.
A representación do mítico conto infantil será especialmente interactiva co público. De feito dende Educateatro repartirán marcapáxinas con forma de variña máxica entre os pequenos que, á saída do espectáculo, terán a oportunidade de facer fotos coas diferentes personaxes no Photocall e tamén adquirir o libro-CD coas cancións máis significativas do musical.
“O mundo máxico de Pinocho” estrenouse en Redondela e xa pasou por cidades como Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago. Agora recala na capital arousá donde xa leva vendidas, polo momento, máis de catrocentas entradas. n

Pinocho desembarca en Vilagarcía co seu espectáculo infantil máis educativo

Te puede interesar