Podemos pide máis bandas locais nas festas

Podemos pide máis bandas locais nas festas
A edil de Podemos, María de la O Fernández

Podemos acusa ao goberno local de ter escaso interese pola cultura "propia". A formación chega a esta conclusión xa que, cando queda menos dun mes para que empecen as festas de San Roque, todavía non se coñecen os grupos locais que tocarán nelas.


Recordan os morados que existe un acordo plenario para que un 40 por cento do orzamento das festas se adique a bandas locais e galegas, pero cren que todo indica que "vai ser bastante menor".


"Sorpréndenos que a estas alturas aínda non se coñezan os nomes dos grupos locais e galegos que participarán nas festas de San Roque, cando a contratación de Mon Laferte anunciouse o 13 de maio", indicou a portavoz do grupo municipal de Podemos- Marea da Vila, María de la O Fernández.


Podemos incide no valor das festas como escaparate, sobre todo para a promoción dos grupos que teñen menos oportunidades, polo que afean aos socialistas "o seu desinterese respecto á cultura propia".


María de la O Fernández reinvidica un maior investimento "na dinamización da cultura galega, ata acadar o 40 por cento acordado pola Corporación". Podemos tamén reclama o cumplimento do convenio colectivo nas contratacións de músicos e músicas locais.

Podemos pide máis bandas locais nas festas

Te puede interesar