O PP aposta polo proxecto de Sánchez Agustino para darlle un pulo turístico a Vilagarcía

O PP aposta polo proxecto de Sánchez Agustino para darlle un pulo turístico a Vilagarcía
Alfonso Gallego e o seu equipo presentaron a súa idea para promover o turismo e mellorar a praia | mónica ferreirós

O Partido Popular de Vilagarcía, con Alfonso Gallego á cabeza, aposta polo ambicioso proxecto “Compostela 2M21” que asina o arquitecto Sánchez Agustino. Os conservadores chegaron a un acordo co despacho de arquitectura para, se chegan ao goberno municipal, executar a primeira fase dunha iniciativa coa que buscan darlle o pulo definitivo ao turismo na localidad.


A execución, segundo explicaban onte os conservadores, é “realizable en catro anos” e suporá un investimento aproximado de 40 millóns de euros. “Aos vilagarciáns non lles costará un só euro dos seus petos, dado que todo será investimento privado”. De feito o propio Alfonso Gallego incide en que xa mantiveron encontros con inversores nacionais e internacionais que “están moi interesados no proxecto de Vialgarcía”

.
Esta primeira fase do proxecto inclúe unha importante actuación tanto na praia da Concha-Compostela como no coñecido como peirao do Ramal. De feito este retiraríase para reconverter todo ese espazo en praia e ampliar o porto deportivo e, por conseguinte, as prazas de amarre do mesmo ata os 1.000.


Segundo Gallego este proxecto é importante non só para o turismo, senón tamén á hora de xerar emprego en Vilagarcía. “Os estudos socioeconómicos mostran que se xerarían un total de 3.000 postos de traballo e sería non só unha praia atractiva para os turistas, senón tamén para os propios vilagarciáns”, di Gallego.


O proxecto tamén solventaría, segundo os conservadores, os problemas de verteduras que existen neste areal. “Ao retirar o peirao do Ramal volven as correntes orixinais para recuperar a calidade de auga e respostar así ás demandas do sector marisqueiro pasando de augas de calificación B a A”, apuntou.


Gallego indicou que “é a hora de dar un paso ao frente e ser valente e apostar por estes proxectos revolucionarios”.

O PP aposta polo proxecto de Sánchez Agustino para darlle un pulo turístico a Vilagarcía

Te puede interesar