O PSOE esixe ao PP que pida “perdón” por negar unha ambulancia medicalizada

O PSOE esixe ao PP que pida “perdón” por negar unha ambulancia medicalizada
Diario de Arousa-2018-05-17-007-6a057b53

Tanto o deputado socialista no Hórreo, Julio Torrado, como o goberno local de Alberto Varela criticaron onte o feito de que o PP votara no Parlamento galego en contra de dotar á comarca do Salnés dunha ambulancia medicalizada. Torrado criticou na súa intervención que o Sergas “non presta unha atención sanitaria correcta que demandan os profesionais sanitarios”.
Pola súa parte o alcalde vilagarcián asegura en referencia ao PP que “este partido quedou retratado ao antepoñer os intereses partidistas aos da cidadanía e por iso deberían pedir perdón”. Incide ademais en que “xa están tardando en dar explicacións diante desta nova afronta aos veciños de Vilagarcía e do Salnés, aos que converten en cidadáns de segunda”. Neste sentido pregúntase “por que os infartados de Vilagarcía teñen que ter menos dereitos que os demais?”.
Lembran os socialistas que entre os deputados conservadores que votaron contra a ambulancia medicalizada está unha vilagarciá, Marta Rodríguez.
Entende o goberno local que aqueles que “día tras día se autoproclaman defensores das inquedanzas veciñais deben tamén dar explicacións por ese continuo ninguneo ás demandas sanitarias dos vilagarciáns e dos habitantes do Salnés, sexa en materia de centros de saúde, de recortes hospitalarios ou, como agora, de dotar dunha ambulancia medicalizada para unha poboación que supera os 100.000 habitantes.

O PSOE esixe ao PP que pida “perdón” por negar unha ambulancia medicalizada

Te puede interesar